Shin Chan: O imperio dos carrozas
Shin Chan: O imperio dos carrozas | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | クレヨンしんちゃん 嵐を呼ぶ モーレツ!オトナ帝国の逆襲 |
Director | Keiichi Hara |
Guión | Keiichi Hara Yoshito Usui |
Música | Toshiyuki Arakawa Shiro Hamaguchi |
Estudio | Shin Ei Animation |
Distribuidora | Luk Internacional (Galicia) |
Estrea | 2001 |
Duración | 90 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Animación |
Filme anterior | Shin Chan: Aventuras en Henderland |
Filme seguinte | Shin Chan: A ambición do Kakafede |
Na rede | |
Shin Chan: O imperio dos carrozas (クレヨンしんちゃん 嵐を呼ぶ モーレツ!オトナ帝国の逆襲 Crayon Shin-chan: Arashi wo yobu - Môretsu! Otona Teikoku no Gyakushû?) é un filme de animación baseado no anime Shin Chan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 21 de abril do 2001.
En galego, estreouse nos cinemas o 2 de febreiro do 2007 e saíu á venda en DVD o 20 de xuño do mesmo ano.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O espectacular Parque do Século XX é un sitio ideal para que os adultos recuperen os momentos máis felices das súas vidas. Os seus creadores, Ken e Chako, son dous nostálxicos emperrados en reconstruír as formas de vida de antano. Para iso, crearon unha substancia que hipnotiza aos adultos e os atrae cara a unha cidade que recrea o século pasado.
O Exército de Kasukabe, liderado por Shin Chan, empeza unha nova misión: descubrir o que está a pasar e traer de volta aos adultos. Na súa aventura, agardan por eles perigos, situacións delirantes e acción sen freo.
Dobraxe
[editar | editar a fonte]- Estudio: SODINOR S.A.
- Data: 2006.
- Dirección: Alfonso Valiño.
- Tradución: María Alonso Seisdedos.
- Elenco da dobraxe:
- Voces adicionais:
- ▪ Antonio Rey.
- ▪ Coté Sansegundo.
- ▪ Isabel Vallejo.
- ▪ Lucía Cid.
- ▪ Manolo Pombal.
- ▪ Patricia de Lorenzo.
- ▪ Xermana Carballido.
Música
[editar | editar a fonte]A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é 元気でいてね (Teño saúde e estou ben) interpretada por Sachiko Kobayashi.